A cantante cubana Tina García ofrecerá un concerto o día 18 na Praza da Igrexa


A comisión organizadora está a ultimar os detalles para instalar unha pantalla xigante na Praza da Igrexa durante os festexos. «É outra forma de recaudar diñeiro xa que na mesma poderán anunciarse os establecementos e empresas que o desexen». Por outra banda, non se descarta a posibilidade de poñer á venda camisetas. O concelleiro de Festas, Agustín López, engadiu que o programa está pensado para tódolos públicos. «Proba de elo será a actuación da cantante cubana Tina García na Praza da Igrexa o xoves día 18, como inicio dos festexos, a partires das 22.30 horas». Segundo os organizadores non é unha cantante moi coñecida en Galicia «pero é unha segunda Celia Cruz e os que acudan ó concerto poderán comprobalo. Non se pode criticar un programa, unhas orquestas ou a Deluxe, por exemplo, se antes non se tivo a oportunidade de escoitalo».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A cantante cubana Tina García ofrecerá un concerto o día 18 na Praza da Igrexa