A costa precisa voluntarios aínda

PEDRO BERMÚDEZ

DEZA

O CRISOL | O |

07 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O DOMINGO pasado perto de 40 voluntarios responderon á chamada da plataforma Nunca Máis Deza para desprazarse á costa e colaborar nas tarefas de limpeza. Dende Lalín e Silleda, foron a Santiago e colleron un autobús de Adega que os trasladou ata o Concello de Corcubión, xunto cun coordenador do colectivo ecoloxista que supervisou os traballos de limpeza. Sinalan dende a plataforma que o traballo fíxose nunha zona de cantís e rochedos do Concello de Corcubión, «e púidose constatar in situ o estado lamentable no que se atopa a costa na maioría das zonas rocosas». Engadiron que é moita a costa que queda por limpar, polo que siguen sendo necesarias as labores de limpeza. E nelas, as mans dos voluntarios seguen a ter unha importancia fundamental. A carreira contra o chapapote é unha carreira a longa distancia. Xa dende o principio o sabiamos todos. Mesmo os que o negaban, ó igual que tiñan negado o problema, ata que a negra verdade chegou á costa.Agora que a actualidade impón outras novas, coa morte como protagonista, é importante que non se esqueza a outra guerra que se libra en Galicia dende novembro: a guerra contra o chapapote que vertiu e segue vertendo o Prestige .Por iso é importante o traballo que continúan a facer colectivos e xentes que, no seu anonimato, van ás costas para tratar de limpar o que outros emporcaron. Claro que seguramente, se a conciencia existe, non poderán durmir de igual xeito uns que os outros. Aínda que uns o fagan máis modestamente, e outros viaxen en coches de luxo pagados por todos nós, e cambien os hoteis de cinco estrelas por menos luxo e máis dignidade.