Vacas e becerros melloran prezos nunha sesión de lonxa con oferta reducida

P.V. LALÍN

DEZA

O exceso na oferta de leitóns provocou un descenso de cotización de catro euros en animal O porco cebado cotiza no prezo máis alto do ano. O leitón no máis baixo. O coello reduceu algo as perdas de producción pero sigue no pozo para desesperación dos granxeiros. Ovos e galiñas non variaron os valores ou o cambeo non é relevante. O gando vacún mostrouse na sesión de onte en liña alcista pero a mellora de precios é imposible aislala da forte caída da oferta en relación a semana anterior. Salvo no caso dos leitóns a Lonxa de onte foi positiva.

04 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Mentras os porcos cebados manteñen un incremento, céntimo a céntimo, de valores, os porcos leitóns entran na zona de prezos en crisis para os productores. O porco leitón selecto cotizou de media esta semana a 32 euros (5.324 pesetas) e o de categoría normal págase a 31 euros (5.158 pesetas). Os gandeiros traballan na franxa de producción de perdas ou equilibrio de costes. No que vai de ano nunca estiveran tan baixo e chegaran a cotizar a 52 euros (8.652 pesetas) no mes de febrerio. O prezo do coello está fundido e pouco supón a lixeira alza fixada para esta semana. O quilo pagase a 1,04 euros (173 pesetas). Nas subastas de vacún déronse incrementos importantes nos becerros de razas cruzadas. Subiron 26 euros (4.326 pesetas) e nos frisóns con alza de 11 euros (1.830 pesetas). As vacas melloraron tres euros (499 pesetas). Os datos teñen unha lectura. A semana pasada concurriron 617 becerros e nesta só chegaron a feira 480. Coas vacas pasou parecido. A oferta reduceuse de 209 a 185. Os compradores deberon afinar as puxas ó alza para poder cubrir as necesidades o que favoreceu ós gandeiros que cncorreron onte a Lonxa.