Instantáneas de 1930 no libro «Lalín, cen anos en fotos II»

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

O Seminario de Estudios do Deza edita unha publicación con 170 fotografías O libro «Lalín, cen anos en fotos II», que edita o Seminario de Estudios do Deza, será presentado o día 21 no Auditorio Municipal de Lalín ás 20.30 horas. A publicación amosa preto de 170 fotografías datadas entre 1930 e o 2001. Unhas instantáneas que recrean as labores agrícolas, actos institucionais, urbanismo, fillos ilustres da vila, feiras, festas e a activa vida social na vila.

13 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A Concellería de Cultura do Concello de Lalín, a través do Seminario de Estudios do Deza, en colaboración co Museo Municipal están a ultimar a preparación do libro «Lalín, cen anos en fotos II» que será presentado o vindeiro venres. Manuel Varela Santomé, funcionario do Concello lalinense, foi o encargado da recopilación das preto de cento setenta instantáneas que se poden ver no catálogo. As fotografías están datadas entre 1930 ata o 2001 e relexan o cambio urbanístico da vila nestes últimos anos, as feiras e festas do municipio, as labores agrícolas e personaxes importantes e fillos ilustres de Lalín. Por outra banda, o libro conta tamén con textos de Francisco Domínguez, Ricardo Couto e Xurxo Melchor, delegado do Grupo Voz en Deza e Tabeirós-Montes. As fotos cedidas, entre outros, por Román Rodríguez, Luis González Taboada, Saturno Valdés González, Andrés Granja, Antonio Alfaya, César Gómez Buxán, Trini Lorenzo, Ricardo Vázquez, Carlos Agulló e Ramón Garra estarán expostas nunha mostra que estará aberta ó público no auditorio ata o 10 de febreiro. Tirada de mil exemplares A Concellería de Cultura prevé facer unha tirada de mil exemplares deste libro que, con toda probabilidade, custará 1.500 pesetas (9,02 euros) ó igual có primeiro número que virá a luz o pasado ano e que levantara moita expectación entre os lalinenses. Os libros poderán adquirise nas distintas librerías da capital dezá despóis da súa presentación.