«Houbo días nos que quería escapar correndo de todo, pero nunca quixen renderme», confiesa el ala-pívot de Vilaronte, la primera baja confirmada en un club mariñano con su viabilidad en el aire
05 jun 2026 . Actualizado a las 21:28 h.A través de un sentido mensaje en el que repasó lo que describió como una durísima temporada, especialmente en el plano psicológico, anunció su despedida la máxima goleadora del Reyco Burela FS, Lara Díaz García (Vilaronte, Foz, 1999). «Eu sempre tomei as decisións de corazón e esta non é diferente. Por iso, a día de hoxe, os meus camiños sepáranse do Burela FS», sentenció una futbolista que labró su carrera en el Ribadeo, Castro, Rodiles y Valdetires antes de regresar con galones al Vista Alegre para una temporada en la que sus 18 goles no evitaron el descenso de un club cuyo futuro peligra por las deudas económicas.
El ala-pívot firmó 14 tantos en la liga, aunque oficialmente figuran 13 porque el acta del triunfo por 1-4 al Chiloeches le negó uno, tres más en la Copa de la Reina y otro en la Copa Galicia en una campaña donde, incluso, aplazó al parón por el Mundial una operación de salud para no dejar a su equipo mermado durante la competición.
La futbolista de Vilaronte se mostró especialmente agradecida con la afición, a la que señaló como principal motivo para no haber bajado los brazos en ningún momento: «Houbo momentos moi duros para todos e todas. Evidentemente as cousas non se deron como se prometeran ao principio da tempada e todos sabíamos a situación que había, aínda que moitas veces non se falase dela. Pero, incluso así, houbo xente que decidiu quedar, loitar e defender este escudo ata o final. E iso ten un valor enorme».
«Eu, persoalmente, intentei non contaminarme de todo o negativo que había arredor. Había días nos que todo se facía moi costa arriba. Días nos que ir adestrar era un sobreesforzo mental. Días nos que pensar nunha viaxe de 15 horas en furgoneta me xeraba ansiedade. Días nos que quería escapar correndo de todo. Pero nunca quixen renderme», explicó Lara de una temporada exigentísima a nivel mental en la que el Burela se despidió de la Primera Iberdrola colista y con solo 11 puntos. Su descenso ya era matemático cuando todavía restaban cinco jornadas por disputarse y en toda la campaña no celebraron ni una sola victoria en el Vista Alegre.
«Agora mesmo non sei que vai ser de min nin do meu futuro no fútbol sala. Sinceramente, necesito parar. Necesito descansar. Necesito volver atoparme, volver sorrir e volver sentir paz dentro desta paixón que levo tendo dende pequena. Necesito tamén que se me respecte e apoie en todo o que decida», expresó la primera futbolista en la plantilla que entrenó Belén Feal que comunica su desvinculación del Burela.
Actualmente, el club trabaja en conseguir financiación para seguir compitiendo el próximo curso. Hasta que no lo ate, no compondrá sus proyectos deportivos.
El comunicado íntegro de la futbolista: «Á afección: nunca vivín nada igual»
Hai despedidas que se escriben fáciles. Esta non o é.
Levo días pensando como explicar todo o que significou esta tempada para min, e a realidade é que seguramente nunca consiga poñer en palabras todo o vivido dende agosto ata hoxe.
O primeiro que quero facer é dar as grazas. Pero unhas grazas enormes. Á afección.
Nunca vivín nada igual.
Grazas a toda esa xente que se deixou a gorxa cada sábado, independentemente do resultado. Grazas por acompañarnos en Vista Alegre e tamén fóra da casa. Grazas por facer sentir que cada partido era unha final, porque realmente o era. Nunha situación dificilísima, fostes a parte máis humana de todo isto.
A afección foi moitas veces o motivo polo que non baixei os brazos. Porque cando sentía que todo pesaba demasiado, chegábades vós e facíades que por cuarenta minutos todo tivera sentido outra vez.
Hai lugares que non se explican polos resultados. Explícanse polo que che fan sentir. E Vista Alegre fíxome sentir cousas que nunca vivira.
Sobráronme nove meses para darme conta do privilexio que é vivir o fútsal en Burela. Para min foi o mellor concerto da miña vida.
Houbo momentos moi duros para todxs. Evidentemente as cousas non se deron como se prometeran ao principio da tempada e todos sabíamos a situación que había, aínda que moitas veces non se falase dela. Pero, incluso así, houbo xente que decidiu quedar, loitar e defender este escudo ata o final. E iso ten un valor enorme.
Eu, persoalmente, intentei non contaminarme de todo o negativo que había arredor. Había días nos que todo se facía moi costa arriba. Días nos que ir adestrar era un sobreesforzo mental. Días nos que pensar nunha viaxe de 15 horas en furgoneta me xeraba ansiedade. Días nos que quería escapar correndo de todo.
Pero nunca quixen renderme.
Porque sentía unha responsabilidade enorme co club, coas miñas compañeiras e sobre todo coa xente que estaba aí cada fin de semana. Intentei devolvervos o cariño en forma de esforzo, de actitude e de respeto. Non me quedou nada por dar e por iso me vou en paz.
Tamén aprendín moito este ano. Hai momentos na vida nos que descubres quen está realmente, quen sente de verdade e quen só aparece cando todo vai ben. Ás veces doe darse conta de certas cousas, pero outras tamén sentes alivio porque aprendes a filtrar.
Oxalá ninguén teña que volver pasar por situacións nas que falte humanidade, comunicación ou simplemente un “como estás?”. Porque ás veces iso tamén sostén moito.
Aínda así, quero quedar co bo. Coa xente boa. Porque a houbo. E moita.
Grazas a toda esa xente que viña axudar desinteresadamente aos adestramentos. Grazas polos mensaxes de ánimo cando eu nin sequera podía conmigo mesma. Grazas á Abuela e a Uxía, por converter tantos momentos complicados nun lugar seguro. Grazas a todas as persoas que estiveron sen pedir nada a cambio.
E grazas tamén a toda esa xente que, aínda sen vivir cada sábado en Vista Alegre, estivo pendente de min durante todo o ano. Á xente que me seguiu, que se foi achegando un pouco máis ao fútbol sala a raíz de verme xogar e que me fixo sentir un cariño enorme dende moitos sitios. Sentir todo ese apoio arredor tamén foi moi importante para min nestes meses.
E grazas tamén á miña familia, aos meus amigos e ás persoas importantes do meu día a día. Por respetar os meus silenzos. Por entenderme incluso cando eu non era capaz de explicar como estaba. Por acompañarme dende os cinco anos nesta paixón. Por aparecer nos pavillóns, por compartir cada paso conmigo e por seguir apoiándome en cada decisión que tomo.
Se hoxe puiden debutar en Primeira División ou vivir unha Supercopa de España, é tamén por vós.
Quero facer unha mención especial a Pipi Arcos, porque non fallou nin un só día. Cada sábado ou domingo había un audio seu recordándome de onde viña e facéndome confiar en min cando máis o necesitaba. Grazas de corazón.
Agora mesmo non sei que vai ser de min nin do meu futuro no fútbol sala. Sinceramente, necesito parar. Necesito descansar. Necesito volver atoparme, volver sorrir e volver sentir paz dentro desta paixón que levo tendo dende pequena. Necesito tamén que se me respete e apoie en todo o que decida.
Hai veces que a xente pensa que ser forte é aguantar todo. Pero ás veces tamén hai que saber parar e coidarse.
Eu sempre tomei as decisións de corazón e esta non é diferente.
Por iso, a día de hoxe, os meus camiños sepáranse do Burela FS.
Marcho coa tranquilidade de ter confiado ata o último segundo neste proxecto. Sen renderme antes de tempo. Sen abandonar cando era fácil facelo. E marcho tamén coa sensación de que, a pesar de todo, este ano fíxome máis forte.
Oxalá algún día a vida me devolva a Vista Alegre. Sexa na categoría que sexa. Porque hai lugares que, incluso nos momentos máis difíciles, deixan pegada para sempre.
Grazas por tanto.
Foi un pracer.
Vémonos pronto, Familia Laranxa.