O Reyco Burela FS mostra paixón e futuro no adeus á tempada: 2-3

DEPORTES

Nico, un dos canteiráns que deron guerra ao Málaga no peche do curso, anotou o primeiro gol laranxa.
Nico, un dos canteiráns que deron guerra ao Málaga no peche do curso, anotou o primeiro gol laranxa. Pepa Losada

O cadro de Juanma Marrube rozou a remonta ante o Málaga con brillo da súa canteira no Vista Alegre

16 may 2026 . Actualizado a las 18:19 h.

Quedou sen puntos, pero dignificou ata o último segundo a competición un Reyco Burela FS coa súa salvación a bo recaudo. Cun notable peso da súa canteira, no día da estrea en Segunda dos xuvenís Xosé e Pedro e ante unha implicada grada do Vista Alegre, rozou a remonta ante un Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda que disputará o playoff de ascenso.

A maior contundencia dos andaluces marcou diferenzas nunha primeira parte na que Nico recurtou distancias nun contragolpe e outro burelense, Walter, foi un máis na rotación.

Bingyoba igualou nun disparo cruzado, pero unha desafortunada acción de estratexia supuxo o 2-3 de Guti cando xa defendía a porta laranxa un valente Xosé.

O longueiro abortou a resposta do canteirán Pedro e o capitán Pitero tamén rematou ao pau cando o partido agonizaba cos mariñáns con xogo de cinco.

REYCO BURELA FS, 2: Lautaro; Izan, Charly, Raid e Pitero —cinco titular—, e Alberto Mirás, Mauro, Alán, Nico, Walter, Xosé e Pedro.

HEREDIA 21 MÁLAGA CIUDAD REDONDA, 3: Mellado; Torsina, Campano, Pabli e Nando Torres —equipo de inicio—, e Davilillo, Miguel Conde, Fernando, Rafa López, Pablo Guti, Carlos Romero e Ale Fuentes. 

GOLES: 0-1, min 13: Fernando; 0-2, min 13: Davilillo; 1-2, min 18: Nico; 2-2, min 31: Bingyoba; 2-3, min 34: Pablo Guti.

ÁRBITRO: Ander Garrido (País Vasco) e Eduardo Sierra (Aragón). Amonestaron aos mariñáns Raid, Izan, Mauro e Bingyoba.