Uns 2.200 nenos participan nunha nova edición do Correlingua

La Voz

DEPORTES

A carreira multitudinaria reuniu a alumnos de numerosos centros da comarca coruñesa

06 may 2026 . Actualizado a las 17:46 h.

A edición número XXVI do Correlingua, que se celebrou na contorna da Torre de Hércules coa participación de 2.200 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade e a súa contorna. As persoas participantes realizaron un percorrido a pé desde o Palacio dos Deportes ata a Torre de Hércules con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega.

«Ver os centros de toda a contorna aquí reunidos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre, Pontedeume... é unha proba clara de que hai unha xeración que ten o galego no corazón, como sinala o cartel desta edición», sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo de A Coruña, Gonzalo Castro.

O acto estivo presentado pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación musical de Mekánika Rolling Band. O alumnado do Alfonso X O Sabio, de Cambre, foron os encargados de ler este ano o manifesto. Os centros premiados pola súa animación foron o CEIP Novo Mesoiro e o IES Neira Vilas. Recibiron como agasallo un lote de libros cedido pola libraría Moito Conto.

Este ano o Correlingua celebrou a súa edición número 26 baixo o lema «Co galego no corazón, facemos revolución». Esta iniciativa educativa conta co apoio do Concello da Coruña e durante todo o ano organiza diferentes actividades co obxectivo de que a mocidade galega empregue a lingua propia. Castro recordou, ademais, que foi a alcaldesa, Inés Rey, quen aprobou na Coruña a primeira ordenanza de uso do galego coa que conta o Concello.