Falan as nais implicadas no incidente machista no fútbol alevín: «A nena quere seguir xogando». «Estou arrepentida»

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

María Pedreda

Unha semana despois de que dúas nais de xogadores alevíns do Buño pronunciasen comentarios machistas contra unha nena do Laxe durante un partido, a proxenitora da afectada e a autora dos comentarios dan a súa versión dos feitos e explican como están a pasar estes días dende que os acontecementos se fixeron públicos

12 mar 2019 . Actualizado a las 14:32 h.

Uns comentarios machistas pronunciados por dúas nais de futbolistas alevíns do Buño a unha xogadora do Laxe nun partido disputado no campo deste último club hai hoxe unha semana provocaron un conflito máis alá entre quen di a verdade e quen mente. A proxenitora da nena que se viu afectada deu onte a súa versión sobre os feitos, moi nerviosa, e baixo o anonimato, para evitar «posibles problemas». Por este mesmo motivo asegurou que non quixo entrar en ningún debate nas redes sociais estes días. Nunca viviu nada similar, pese a que a súa filla leva varios anos practicando este deporte.

-Confirma vostede a descrición do suceso presentada polo Laxe á Real Federación Galega de Fútbol?

-Ratifico todo o expresado pola directiva do Laxe. Cada un sabe a súa verdade. Quen se vai poñer a inventar sobre que unha nena chore?

-Que lle parecen os comentarios dirixidos á súa filla como «agarrádea polas tetas, ou tédeslle medo» ou «marimacho»?

-Parécenme vergonzosos totalmente. Eu, como nai, non sería capaz de dicirllos a calquera neno, fose neno ou nena.

-Como lle afectaron á súa cativa de nove anos?

-Saíu do campo chorando. A todos os pais do Laxe lles chamou a atención, porque non é unha nena que chore cando perden, que é algo ao que se agarran os do Buño para exculparse. Eu intentei que non se decatase demasiado do sucedido e sígoo facendo para que non lle afecte. Pese ao mal momento, a nena quere seguir xogando.

-Que as levou a presentar un escrito á federación esixindo que tome medidas ao respecto?

-Eu non quero que a cousa vaia a máis. Se así o desexara, faríao por vía xudicial. Simplemente, que non volva pasar.

«Estou arrepentida, non o dixen con mala intención»

En algo no que parecen coincidir as versións facilitadas por ambos os clubs é que foron dúas das nais dos xogadores do Buño as que dixeron eses insultos á futbolista laxense. Unha delas, a autora de «agarrádea polas tetas, ou tédeslle medo», accedeu onte a falar, tamén baixo o anonimato e case entre lágrimas, xa que asegura que o está pasando «realmente mal» con este tema. O seu fillo defende a camiseta do Buño e, antes, ela mesma practicou este deporte na infancia.

-Que versión dá vostede sobre os feitos?

-Eu admito o comentario das tetas, aínda que non foi exactamente así, senón de forma máis cariñosa: tetiñas. Porque sempre lle dicimos aos rapaces que non lle fagan dano ás nenas, e por iso lle dixen que se achegara sen medo. Só dixen iso nun momento puntual, o de marimacho non fun eu.

-Aínda así, pode entender que sentara mal?

-Eu xoguei ao fútbol no colexio e na rúa de pequena, sempre entre nenos. Para nada quixen ofender a nena nin os pais. Estou arrepentida, porque non pensei que fose sentar tan mal. Non o dixen con mala intención, senón polo que xa explico. Pero ás veces vale a pena calar. E xa pedín perdón ao instante porque me decatei da gravidade do que dixera.

-Como está vivindo vostede esta situación?

-Estouno pasando realmente mal, fatal. Ata a comida me senta mal. Á mínima que vexo algo sobre o tema ou alguén me fala sobre iso, póñome nerviosa.

El Buño no tomará medidas

El presidente del Buño, Francisco Javier Caamaño, no acudió al encuentro. Sin embargo, lo primero que hizo al enterarse de lo sucedido fue criticar los comentarios y ofrecerse a mantener una reunión con las madres para esclarecer los hechos y tomar medidas si fuera necesario. Ayer, tras «un período de reflexión», anunció que no impondrá sanción alguna. Los motivos que dio fueron los siguientes: «O árbitro non viu nin escoitou nada, e todas as nais do Buño nos din a mesma versión: que foi algo puntual, polo cal se pediu perdón, e que ninguén viu a nena chorando». Eso sí, es tajante: «Á próxima, expulsarase a quen faga comentarios dese tipo. No Buño non somos machistas».

El dirigente quiso añadir un hecho sucedido en ese mismo partido a los ya descritos: «Ao final do encontro, un neno do Buño foille dar a man a outro do Laxe que estaba co pai, e este respondeulle cunha patada sen o proxenitor dicirlle nada. Iso tampouco é normal, pero cousas destas vense todos os días». «O que vai haber que facer ao final é que os pais traian aos nenos, déixenos na porta e marchen, porque ultimamente, sobre todo as nais, son as peores. Nunca ao fútbol foron e queren que os seus fillos sexan Messi ou Cristiano», sentenció.

El entrenador del equipo alfarero, Brais Álvarez, también mostró su confianza en la versión facilitada por las madres de sus jugadores. Incidió en el hecho de que la madre que propinó el insulto sobre «agarrádea polas tetas, ou tédeslle medo» reconoció su error en el momento, pidiendo las pertinentes disculpas, sin esconderse, y que ningún aficionado insultó a «ninguén» durante «todo o encontro».

Al Laxe no le constan las disculpas

Tal es el punto de contraposición entre las versiones de ambos clubes que la directiva del Laxe niega rotundamente haber recibido disculpas por parte de ningún aficionado: «A ninguén lle constan», dice una representante, a lo que añade: «Ratificámonos no dito. Tamén ao principio as nais do Buño dicían que non fixeran nada e ao final recoñecérono. Tamén se exculpan no feito de que, se tan así foi, por que non dixemos nada no momento. E nós preguntámonos: Que gañabamos nos? Acabar a cabezadas como pasou no partido de Pontevedra?». «O que buscamos dende o principio denunciando o sucedido é que isto non volva repetirse, non ir a morte a polo Buño», sentenció.

Desde la Asociación de Vecinos de Buño también quisieron pedir que lo sucedido no manche la imagen de la parroquia malpicana, ni de la entidad deportiva: «O Buño chegou a ter un equipo feminino na tempada 1971-1972 e nunca houbo problemas. Opoñémonos totalmente a eses comentarios. Ademais, as autoras deles non son de aquí». A este mensaje se une carmen Doldán, mujer del fallecido Milucho, jugador, directivo y socio del Buño.