O Fontecarmoa faise coa clasificación por clubs no Torneo Expourense

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

05 nov 2014 . Actualizado a las 04:52 h.

Media ducia de podios déronlle o pasado domingo o trofeo de campión por clubs do Torneo Expourense ao Club Xadrez Fontecarmoa. Unha distinción recollida pola vicepresidenta da entidade, Myrian Gómez Andrés.

A cita, penúltima proba clasificatoria do Circuito Galego de Promoción de Xadrez, contou ademais coa vitoria do xogador do equipo vilagarcián Marcos Boo Vallejo na categoría de Infantís. O seu compañeiro Andrés Rodríguez foi segundo en Benxamíns, acompañado no podio por Luca Rey, quinto. Iria Rodríguez rematou terceira en Promesas, perdendo tan só co campión. E Alejandro Victorero e Mario Santos fixéronse con sendos bronces en Cadetes coa súa cuarta e coa súa quinta prazas.

Este sábado o Circuito Galego de Promoción pechará o seu calendario coa disputa do Open McDonalds de Vilagarcía. Alí chegará o infantil Marcos Boo Vallejo con opcións de título, acosando ao líder provisional logo de gañar os dous últimos torneos.