Sufrido triunfo dos Ingleses no campo do U. Ourense

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

Os homes de David Losada gañaron 21-30

21 oct 2014 . Actualizado a las 04:52 h.

Logo do esixente debú ligueiro ante o Pontevedra R.C., o Os Ingleses de David Losada ratificaron a pasada fin de semana, no campo do Universidad de Ourense, que esta será unha tempada de sufrimento para poder repetir título de Liga na Primeira División Galega de rugbi e competir unha vez máis na fase de ascenso á División de Honra B.

Por 21-30 gañou o conxunto vilagarcián. E iso, logo de ir por debaixo no marcador en varias fases dun encontro que arrincou co Universidad de Ourense moi enchufado, pechando os arousáns no seu 22. Abraham, no minuto 16, abría a lata para os locais cun ensaio.

Os Ingleses comezou a espreguizarse, e no 25 un ensaio e transformación de Pintos puxo o 5-7. Un golpe de castigo permitíu os anfitrión recuperar a dianteira, 8-7. Pero o equipo vilagarcián rematou indo ao descanso 8-17, inda que perdendo a Miguel, que viña de ensaiar, por lesión.

Pintos arrincou cun golpe de castigo a segunda parte, pero Ourense poñíase 21-20 no minuto 57. Entón o Os Ingleses sacou a súa casta, e con dous ensaios de Loso acadaba un 21-30 definitivo con bonus ofensivo visitante e evitando o defensivo do seu rival. Os homes de Losada descansarán as dúas vindeiras fins de semana, para retomar a Liga o 8 de novembro, en Vilagarcía ante o Muralla de Lugo.