«Comecei de dianteiro, pero agora gústame ser porteiro»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

O meta xoga cos xuvenís os sábados e, ademais, dende as tres últimas tempadas, vai cos afeccionados os domingos

13 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

José Luis Tedín González (Camariñas, 1996) é o porteiro do Camariñas, do equipo xuvenil e tamén integrante da primeira plantilla de afeccionados, que disputa a Segunda Autonómica da Costa. José Luis vén a reafirmar o bo momento que vive a Costa da Morte cos porteiros: David Castiñeira (Camariñas) e Iván Bouzón (Cee), no Dumbría; Julián (Carballo), no Xallas; ou Cristopher Pallas (Carballo), no Bergantiños, sen esquecer a Rubén Martínez (Coristanco), no Almería da Primeira División. Son algúns exemplos.

-¿Comezou de porteiro?

-[Sorrí]. Comecei de dianteiro, pero agora gústame ser porteiro. O inicio foi de atacante en fútbol sá de Camariñas, o que hoxe son As Baleas. Despois estiven cos cadetes do Camariñas. O meu adestrador, Sergio Carballo, viume calidade de porteiro. Ao primeiro non me gustaba, pero fun adaptándome.

-¿Lle marcaron as lesións?

-A verdade é que si. Estiven dous anos sen xogar porque fracturei os pulsos cando tiña 13 anos. Despois volvín. Iso sempre me marcou. Pero xa está esquecido e superado.

-¿Como se define baixo os paus?

-Creo que son bastante tranquilo e gústame estar na portería, din que son áxil. Dende a tempada 2012-2013 estou na Escola de Porteiros Nordés, de Agustín Elduayen e Trucho. Mellorei moitas cousas: colocación, saber poñer as mans, saídas. Moitas, moitas.

-¿É seguidor do Real Madrid e tamén de Casillas?

-Ademais, gústame o Deportivo. Si, de Casillas si, pero tamén de Courtois, agora no Chelsea, ou de Neuer, do Bayer Munich.

-¿Como se sente alternando entre os xuvenís e o equipo de afeccionados?

-Lévoo ben. Dende hai tres tempadas fágoo e sen problema ningún. Cos xuvenís, porque teño moitos amigos e, nos maiores, porque sempre é un reto xogar a ese nivel. Foi una pena baixar o ano pasado da Primeira Autonómica, pero a Liga da Costa ten tamén moitos alicientes para calquera.

josé Luís Tedín González porteiro do camariñas