«Un plantel tan curto precisa da aportación de todos»

O seu doblete en Ribadumia valeu unha xenial remontada


RIBADEO / LA VOZ

A volta de David Rodríguez (Foz, 1988) supuxo un gran bálsamo para o Ribadeo. Trinta minutos sobre o céspede de A Senra bastáronlle o domingo para facer dous goles que valeron unha remontada.

-Alí encarrilaron o título de campións da Preferente e agora consiguen a primeira vitoria fóra; han ter que mudarse a A Senra...

-Pois si. É un campo que se nos deu ben. Traianos moi bos recordos. Aínda que o Ribadumia se parece pouco ao equipo do ano pasado. Ficharon grandes xogadores e teñen un gran equipo. Por algo están tan arriba.

-Vaia xeito o seu de destapar o tarro das esencias!

-Levaba dous partidos fóra por unha sobrecarga no abductor e tiven a sorte de entrar media hora e marcar dous goles que nos dan tres puntos importantísimos.

-Non lle pesou a falta de ritmo.

-Só foron quince días sen competir e non parara de adestrar. Aquí é cando se nota o traballo da pretemporada. Saín con moitas gañas, quizais máis motivado.

-Diríalle a Changui que na Mariña tamén se sabe marcar goles...

-É un grandísimo xogador. Ata agora levaba máis goles que todo o noso equipo e xogou en Primeira. Un fóra de serie.

-Lesionouse e caeron ao descenso; volveu e sairon.

-Sen min perdeuse en Ordes, pero tamén faltaban Brais e Coki, e empatouse ante todo un Depor B. Comigo ou sen min, estanse a facer ben as cousas. Temos un plantel curto e precisamos a aportación de todos.

-Como ve o equipo?

-Na boa liña. Xogamos contra equipos de arriba e sempre competimos, excepto en Cerceda. Estamos fóra do descenso e iso fala moi ben do noso traballo.

david rodríguez dianteiro do ribadeo fc

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

«Un plantel tan curto precisa da aportación de todos»