«Non me esperaba a medalla e menos en 100 metros socorrista»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

A cercedense Inés Barbeito, á dereita, no podio coa italiana Capeleti, primeira, e a australiana Elsa.
A cercedense Inés Barbeito, á dereita, no podio coa italiana Capeleti, primeira, e a australiana Elsa.

A deportista tiña postas as súas miras en 100 metros rescate con aletas

25 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Inés barbeito gende nadadora del club Cerceda que competiu no mundial

Inés Barbeito Gende (A Baixa de Cerceda, 1996) conseguiu a primeira medalla nun mundial de salvamento e socorrismo para Galicia. A deportista do Club Natación Cerceda foi terceira no campionato do mundo defendendo as cores da selección española júnior de salvamento que tivo lugar en Montpellier (Francia) do día 18 ao 22 deste mes.

-¿Esperaba conseguir un resultado semellante?

-Non me esperaba a medalla e menos en 100 metros socorrista. A miña proba forte era a de 100 rescate con aletas, que partía co sétimo mellor tempo, con 1:02, e na que fun terceira tiña o noveno mellor tempo, con 1:06:67.

-¿Cómo resultou a proba?

-A primeira, a nadadora italiana, colleu unha lixeira diferenza. Despois, tres participantes tivemos opcións polos seguintes postos. Loitei pola medalla de prata e chegamos as dúas ao mesmo instante, pero a australiana tocou primeiro.