A Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo arranca hoxe en Lourenzá

A praza do Conde Santo acollerá a saída, ás dúas da tarde, e o final de etapa


VIVEIRO / LA VOZ

A sétima edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo dá comezo hoxe cunha etapa que practicamente percorrerá todos os municipios da comarca. Os ciclistas tomarán a saída ás dúas da tarde na praza do Conde Santo, lugar ao que regresarán unhas tres horas e media máis tarde, logo de completar os 138,7 quilómetros cos que conta a primeira tirada da proba.

Os participantes, trala saída en Lourenzá, dirixiranse a San Cibrao, onde estará situado un esprint especial, para alí dar a volta e volver sobre os seus pasos ata alcanzar Ribadeo, lugar no que estará o segundo esprint. Logo pasarán pola ría de Abres e subirán ata Trabada, para desde alí regresar á vila laurentina. En Alfoz e Barreiros estarán situadas as dúas metas voantes.

Logo desta etapa, os ciclistas completarán a volta mañá e pasado. Mañá, con saída e chegada a Lugo, percorrerán un total de 142,2 quilómetros e o domingo decidirase a carreira polo sur da provincia, cunha etapa que arrancará e finalizará na Pobra do Brollón logo de 140 quilómetros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo arranca hoxe en Lourenzá