O técnico laurentino predí unha fase de clasificación moi parella
09 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.O Lourenzá-Ensino conta as horas para disputar a fase de clasificación para a liguiña de ascenso á Liga Femenina-2, na que as laurentinas exercerán de anfitrionas. O técnico, Juan Nécega (Foz, 1973), cre que as súas xogadoras van facer un gran papel.
-¿Que tal chega o equipo?
-Ben, estamos nun bo momento e ademais creo que imos estar ao completo. Tamara Montero estivo lesionado, pero vai chegar para axudar. Temos moitos ganas de empezar a xogar.
-Polo feito de exercer de locais, ¿parten de favoritos?
-Pode que si, pero é un partido e o feito de xogar na casa engádeche máis presión. Van ser dúas semifinais moi igualadas e calquera dos catro pode pasar.
-¿As vitorias na liga regular diante do seu rival, o GD Bosco Avilés, serven de referencia?
-Non valen para nada. O Bosco é un dos mellores equipos da Liga, o ano pasado xa xogou a fase de ascenso, compiten ben e saben o que se traen entre mans. Vai ser complicado derrotalas e seguro que será un partido moi entretido para o público.
-No outro cruce, entre Sondeos del Norte Maristas e Universidad de León, ¿a quen ve favorito?
-En principio, por plantilla, paréceme máis completa a de León, pero Maristas é un equipo moi difícil de gañar e de xogarlle, sobre todo se están todas as xogadoras entonadas e acertadas no tiro. O certo é que non vexo favorito claro en ningún dos dous partidos.
juan nécega adestrador do lourenzá-ensino