Triple triunfo do E. Otero en terras do sur, con crítica á Federación Española

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

11 feb 2014 . Actualizado a las 06:56 h.

Máis líder. Así voltou a pasada fin de semana o Establecimientos Otero do seu triple desprazamento a terras do sur. Tres partidos en pouco máis de 24 horas que levaron o Cambados T.M. a solicitarlle á Real Federación Española de Tenis de Mesa que «revise el triple desplazamiento» ao que somete a equipos do norte, «ya que es una odisea. Después de dos partidos casi seguidos en Granada el sábado nos tuvimos que desplazar a Algeciras, llegando allí a medianoche para el domingo por la mañana coger el ferri a Ceuta a las 6.30, por lo que los jugadores apenas pudieron dormir 4 horas tras dos partidos y tener que jugarte buena parte de la Liga ante un rival que está luchando con nosotros por la fase de ascenso».

Refírese a directiva do Cambados TM ao Gabitec Ceuta, ao que o E. Otero superou 3-4 con Gambra e Ahmed desfacendo o empate no dobres, e tras ter que remontar o cadro arousán un 3-1 de saída. Tamén tivo que gañar 3-4 o sábado pola mañá o Ciudad de Granada, superando ese día pola tarde o Zubia por 1-5.