«Vou a intentar superar os 25 goles que marquei unha liga»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

O futbolista leva 16 tantos no que vai de campaña en Primeira Autonómica

20 ene 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Óscar Suárez Serrano (Feira de Berdillo-Artes, Carballo, 1974) está a sorprender no regreso a competición federada. O dianteiro estivo nas últimas tres campañas nos Veteranos do San Lorenzo e esta tempada fichou polo Malpica en Primeira Autonómica. Hasta o momento é o máximo goleador da liga, con 16 tantos.

-¿Esperaba este regreso?

-A verdade é que non. Tiña moitas ganas de xogar no Malpica, porque é un lugar onde teño moitos amigos e nunca xogara neste club. A tempada está saíndo moi ben, ademais estou axudando ao equipo a poder loitar por una praza de ascenso, que é o realmente importante.

-Leva 16 goles. ¿Ata once ce que pode chegar?

-Vou a intentar superar os 25 goles que marquei unha liga, na tempada 1999-2000 co San Lorenzo. Nesa competición anotei 13 goles máis na Copa. Pero se supero os 25 xa sería perfecto para min. Non entanto, volvo a repetir, o importante é ascender ao Malpica a Preferente.

-¿É un goleador nato vostede?

-Ben, a verdade é que non me poido queixar. Nos equipos onde estiben sempre marquei. No San Lorenzo comecei a xogar nas tres primeiras tempadas marcando 10 e 25 tantos; co Bergantiños, 14; co Baio, 21; co Cabana, 21 e o último equipo no que estiven, o Atlético Arteixo, 6 en menos de media tempada e despois 12 na outra. Nos tres anos en veteranos co San Lorenzo foron 37, 15 e 19 goles, respectivamente.

-¿Votaba de menos a competición federada?

-Sempre se bota de menos. Tiña ganas de probarme outra vez. Fisicamente atópome ben. Son adestrador dos cadetes do Bergantiños B e alterno con xogar no Malpica. A tempada está sendo moi boa a nivel persoal.

-Fichou polo Malpica, pero seica había outros equipos interesados.

-Bueno a principio da temporada tamén falou comigo o Zas. Houbo rumores doutros equipos, pero non falaron comigo. A decisión de ir para o Malpica era un pouco por orgullo persoal de volver a xogar e sentir ese bichoco que é adestrar e disputar os partidos cada domingo.

-E aspiran ao ascenso.

-Si ese é o noso obxectivo e pode ser unha realidade. Tal vez a primeira praza sexa inaccesible, posto que o Noia está intratable. Pero na outra posición de ascenso somos varios os equipos que estamos a loitar por ela.

-¿Que posibilidades teñen?

-O bo a estas alturas da liga é que o Malpica depende de si mesmo. O Arzúa, que está segundo, ten seis puntos máis e faltan 15 partidos e recibiremos ao Arzúa, Villestro e Noia.

ÓSCAR SUÁREZ SERRANO dianteiro do MALPICA