Antón Paz dirixe o clínic de Optimist do Liceo Casino

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

02 ene 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

O campión olímpico da clase Tornado en Pekín 2008, o vilagarcián Antón Paz, dirixe desde hoxe e ata o sábado a primeira edición do Clínic Sigaltec da clase Optimist que organiza o Liceo Casino de Vilagarcía.

O alumnado está composto por 40 regatistas da Coruña, de Sanxenxo e de Cangas, pero tamén procedentes de Madrid e do País Vasco, aproveitando as facilidades que dá a celebración nunhas datas como as do Nadal.

Os participantes traballarán divididos en catro grupos en función do nivel dos regatistas, que recibirán formación técnica, táctica, de velocidade e de manobrabilidade. Antón Paz impartirálles dúas charlas, unha sobre a optimización da posta a punto do barco, e outra arredor das claves do éxito na vela.

Como colofón ao clínic, o Liceo programou o derradeiro día, o sábado, unha regata de competición entre os seus 40 alumnos que finalizará coa correspondente entrega de premios. Ese mesmo día, pola noite, a sección de vela do club e os seus familiares disfrutarán da súa cea anual.