O C.X.R. Arousa, mellor equipo galego cadete no Nacional

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

28 nov 2013 . Actualizado a las 06:54 h.

O conxunto cadete de base do Club Ximnasia Rítmica Arousa finalizou a pasada fin de semana no posto 50 dos 92 participantes no Campionato de España. Noelia Feijoo, Sara Mougán, Belén Portas, Jénnifer Fernández e Paula Fernández acadaron a mellor puntuación cos 5 aros de entre os representantes galegos no seu cadro de competición.

Pola súa banda o seu adestrador, o ribadumiense Rodrígo Vázquez, finalizou con pelota, mazas e cinta na décima posición sénior masculina.