«O subcampionato, ao ser regulares, sempre estivo ao alcance»

Montse García Iglesias
Montse garcía A ESTRADA / LA VOZ

DEPORTES

Cedida

27 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

david vázquez segundo na clasificación de copilotos do campionato de españa de ralies de asfalto

O estradense David Vázquez acaba de proclamarse subcampión de España de copilotos despois de concluír con Meira segundo no rali de Madrid, unha proba na que rozaron a vitoria.

-¿Que supón ser segundos?

-Creo que é un logro moi grande dentro das nosas posibilidades. En principio, aspirábamos ao máximo, a intentar ganar, pero despois de ver os coches que había, os pilotos e os orzamentos que manexaban, para nós foi algo incrible. Como nos din, ao igual que Alonso, dos equipos mortais, somos os primeiros. Monzón (gañador) cun coche de 400.000 euros resultou totalmente imbatible, e do resto, fomos os mellores. Entón, estamos moi contentos.

-¿Cando se deron conta que podían ser subcampións?

-Toda a tempada fomos moi igualados con Monzón. Nos primeiros tres ralies estivemos con opcións de ser campións sen problema ningún. Estivemos aí en torno a 20 puntos, ata que en Ferrol, a metade de tempada, saímonos e colleu máis vantaxe e despois no Príncipe, que iamos terceiros do rali, unha avaría do motor... Foron dous ceros seguidos e entón xa se estaba alonxando demasiado e era difícil lograr o campionato. Pero o subcampionato como fomos moi regulares sempre o tivemos aí ao alcance da man. A final de tempada, despois do Príncipe e de Llanes, parecía que se complicaba pero en Córdoba fixemos segundos e volvemos a poñer as cousas fáciles para lograr o subcampionato. Este ano, salvo un par de erros, como Rías que nos saímos a falta de dous tramos e en Ferrol, e foi unha pena, fixémolo bastante ben.

-¿Foi a súa mellor tempada?

-Quitando correr un Mundial, os que corremos aquí o máximo que aspiras é a ser campión de España, e é complicado porque hai moitos pilotos e coches. Cando empecei a correr no ano 2000 pensabas ?que ben poder correr a ese nivel?, non xa gañar. Creo que non te dás conta, cada vez vas subindo de escalón, vas subindo pouco a pouco, e cando te dás contas, chegas a subcampión de España. Fai uns poucos anos querías estar aí, agora estás aquí pouco máis che queda. Eres o segundo do campionato de España e xa queda pouco para chegar ao máximo que podes aspirar..., porque o do Mundial, quitando que poidas participar con alguén nalgunha proba ou facer o Mundial do grupo N, pero facer o Mundial ao máximo nivel e intentar gañalo é moi complicado.

-Foi o primeiro ano con Alberto Meira, ¿como foi a adaptación?

-Traballamos moito. Antes de saír ao primeiro rali do campionato de España, xa levabamos 4.000 kilómetros rodados xuntos. Fixemos un rali do Galego, que chocamos e quedamos terceiros. Antes, quedabamos case todas as semanas un día enteiro para coller notas e practicar, adaptarnos un o outro. Eu o que quería era que notara o menos posible o cambio de copiloto para que el pudera seguir indo ao seu ritmo. Eu o único que lle aportaba a maiores era que levaba dende o 2005 no campionato de España e tiña máis coñecemento del que Álvaro (anterior copiloto de Meira).

-E a próxima tempada...

-Eso é unha incógnita total. Aínda marcho o mércores para Cáceres con Gustavo Sosa de Fuerteventura para o campionato de Terra.

-Estivo compaxinando probas...

-Si, fixen o de asfalto con Alberto (Meira), o de terra con Gustavo e tamén fixen algún rexional con Toño Villar e con Manolo Senra. Para o ano, a ver. Alberto quere que siga con el pero está pendente do orzamento e non sabe se pode facer o de España ou o Galego para intentar gañalo. Tamén se puxeron en contacto outros tres pilotos... Terei que mirar ao final de tempada.

-E no campionato de terra, ¿hai posibilidades de podio final?

-Foi moi complicado todo o ano, creo que tivemos problemas en todos os ralies. Gustavo é bo piloto, pero está Pons que é intratable. Sempre aspiramos ao podio pero a mecánica non nos respondeu. Agora estamos cun coche novo e adaptándonos.

-E logo, ¿descansar?

-Non, nunca desconecto totalmente do mundo dos ralies. Por exemplo, o preparador co que traballos nós, Roberto Méndez de Ponferrada, ten pendente uns tests cuns pneumáticos novos, os cursos de copiloto que estou dando alí e tamén uns de piloto que están pendentes co equipo de Tommi Makinen. Descansar, descansar non... pero porque me gusta.

«O futuro para o próximo ano terei que miralo ao

final da tempada»