O BNG reclama a Xunta que cumpra o compromiso de Balaídos

vigo / LA VOZ

DEPORTES

Os nacionalistas felicitan a David Gómez por difundir o vídeo sobre o estado das pistas

10 oct 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

O Bloque Nacionalista Galego reclamou na xornada de onte, por medio da súa deputada Carme Adán e do concelleiro Xabier Alonso, a Xunta de Galicia a plasmación de compromiso de arranxar as pistas de atletismo de Balaídos. «Pedimos a execución deste compromiso, un incumprimento máis de Feijoo coa cidade de Vigo». Segundo os nacionalistas o PP comprometérase a investir 3 millóns de euros no 2010.

O BNG tamén explicou que o problema máis grande das pistas non é «o mantemento cotiá, senón a necesidade de remodelación integral».

Na súa misiva o Bloque agradeu ao triatleta David Gómez que fixera pública a su denuncia mediante un vídeo no que amosaba o estado da instalación.