«Agardo a que saian dous balóns do campo para aforrar a viaxe»

roi fernández / monforte

DEPORTES

11 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Trinta anos de servizo, convirten ao utilleiro da SD Chantada no decano do equipo. Jesús Daniel Suarez Vázquez «Dani» adícalle ao fútbol o tempo que lle queda fóra do seu traballo nunha empresa do polígono dos Acivros,

-É a «fichaxe» que máis anos leva na SD Chantada.

-Si, teño 42 anos e axudo ao equipo dende os 12, cando o campo era de terra. Pasaron trinta anos e vin pasar moitos xogadores, adestradores e directivos. Eu sigo aquí.

-¿Cal é a túa tarefa principal?

-O que máis fago é recoller os balóns que saen do campo. Dá moito traballo porque se van ao parque, hai que baixar e é bastante incómodo. Agardo a que se vaian dous para aforrar a viaxe. Algúns caen ao río, e eses case sempre se dan por perdidos. Cando hai dous partidos seguidos, dobre traballo.

-¿Encárgase da organización dos vestiarios?

-A miña irmá é a miña compañeira de traballo e axúdame a lavar e tender a roupa.

-¿É un traballo compensado?

-O Chantada sempre me pagou polo que fixen, moitas veces con propina a maiores.

-¿Acompañas ao equipo?

-Coñezo moitos sitios, pero agora viaxo menos porque ao haber máis equipos, necesitanme aquí. Tamén axudo ao Chantada Atlético.

-¿Algún recordo curioso?

-As celebracións dos campionatos. Ou o día que se suspendeu un partido pola neve.