Confirman os rivais de Amegrove no Campionato de España de Traíñas

vilagarcía / la voz

DEPORTES

02 ago 2012 . Actualizado a las 13:08 h.

A Federación Española de Remo fixo onte oficial o cadro de competición do Campionato de España de Traíñas, logo de ampliar o prazo de inscrición ata o pasado martes. Na cita, na que estará a bancada de Amegrove, os remeiros adestrados por Truco atoparánse coa única embarcación galega na ACT e vixente campioa autonómica, Tirán, coas vascas Kaiku, Bermeoko e Hondarribia. E coas cántabras Astillero, Pedreña, e a anfitrioa, Castro Urdiales.

O Campionato de España arrincará o sábado coas dúas quendas da regata clasificatoria, a partir das seis da tarde. As catro mellores traíñas disputarán a final o domingo, a partir das doce. Pola contra, este ano non se disputará a segunda edición do Trofeo Federación Española de Remo Feminino a causa da ausencia de inscricións das tripulacións precisas.

As Ligas LGT-A e B páranse pola cita de Castro Urdiales, para voltar xuntas o 11 de agosto no Trofeo Teresa Herrera.