O concurso Repsol de narrativa breve eleva a súa bolsa económica ata os 15.000 euros

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Eduardo Pérez

O prazo de recepción dos traballos conclúe o 31 de xullo

30 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A vixésima edición do premio Repsol de narrativa breve en lingua galega vén con novidades, ao elevar a súa bolsa económica dos 12.000 aos 15.000 euros, segundo anunciou onte a Fundación Repsol, que convoca o concurso en colaboración coa Consellería de Cultura. Os textos han de ser orixinais e inéditos, cunha extensión entre os 120.000 e os 270.000 caracteres. Na súa creación non se pode empregar intelixencia artificial xenerativa. O prazo de recepción de traballos conclúe o 31 de xullo. A contía de 15.000 euros do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, así como a edición dixital por cinco anos. Estes dereitos corresponderanlle á Fundación Repsol. A novela será publicada polo selo Galaxia.