María José Iglesias e Iria García, premios Feiraco de microrrelatos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

<span lang= gl >María José Iglesias e Iria García, premios Feiraco de microrrelatos.</span>
María José Iglesias e Iria García, premios Feiraco de microrrelatos. .

Baixo o lema «Vai de mulleres», o concurso de microrrelatos de Feiraco rendeu homenaxe á figura de Begoña Caamaño

24 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Baixo o lema «Vai de mulleres», o concurso de microrrelatos de Feiraco rendeu homenaxe á figura de Begoña Caamaño, referente das Letras Galegas 2026. En adultos, o primeiro premio recaeu en María José Iglesias Ageitos, de Porto do Son, polo relato Vai de mulleres... afincadas na terra. O segundo premio foi para Gemma Rojo López do Saviñao por Onde quedaran as promesas? e o terceiro para Jacobo Vieites Sánchez de Arzúa por Galicia Nai.

Na categoría xuvenil, na que se participa por institutos, o primeiro premio foi para Iria García, do colexio Sagrado Corazón de Placeres, de Pontevedra, pola peza O destino irrefutable. O segundo premio recaeu no IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, para Adriana González Leira por Informe planetario, e o terceiro no IES Ricardo Mella de Pontevedra, para Valery Reyes por Ti eres máis forte que todos os desafíos. Os premios en ámbalas dúas categorías consistiron en lotes de libros e de produtos Feiraco.

Asimesmo, o certame de Feiraco contou coa colaboración da Consellería de cultura, lingua e xuventude, representada na entrega de premios polo Secretario Xeral da Lingua Valentín García, quen animou á Feiraco a seguir convocando esta cita literaria e declarou que «estamos ante as xeracións máis formadas da nosa historia, as máis capacitadas e animo a que estas xeracións usen sempre que poidan o galego». García formou parte do xurado, realizou a entrega dos premios e animou a todos os premiados a seguir escribindo.