Lula Mora foi recoñecida en Pontevedra como artista emerxente
28 may 2026 . Actualizado a las 21:37 h.Cun único premio xa cantado de antemán, o Honorífico a Los Suaves, que, ademais, foi o último en entregarse, o Pazo da Cultura de Pontevedra mantivo o alento mentres se desvelaban as restantes categorías nunha posta en escena que evocaba as lendas e supersticións. A fin de contas, tratábase da trece edición dos Premios Martín Códax da Música.
Abriron fogo os vigueses Stoned at Pompeii ao recoller o premio na categoría de rock, mentres que no apartado de Blues, Funk e Soul o galardón recaeu en Allo Negro. Galician Army demostrou o porque é un dos grandes nomes propios da Electrónica e Keepers foi premiada na categoría de Metal. O recoñecemento na categoría de Canción de Autor/a en Antía Muíño.
En Músicas Urbanas sobresaíu Hugo Guezeta polo seu traballo en solitario, tralo seu paso no grupo SonDaRúa, e Lamatumbá subiu ao escenario para recoller el premio en Orquestras e Música de Verbena no que foi un aplaudido regreso dun dos grupos referentes cando de música de festa se trata. Pola súa banda, Michu da Rocha, o proxecto liderado polo músico vigués Michu Malvar, recibiu o recoñecemento na categoría Pop e Indie; o pianista Xan Campos, co seu recente proxecto Amorodios, foi galardoado en Jazz e Músicas Improvisadas; e o actor e músico Paco Nogueiras recibiu, por segunda vez, o de Música Infantil.
Lidia India foi recoñecida en Músicas do Mundo e Mestizaxe e a compositora e pianista ourensá María Mendoza en Música Clásica e Contemporánea, mentres que o grupo Abril o foi en Música Folk e Carapaus, en Música Tradicional. A Banda de Música Municipal de Celanova foi premiada na categoría de Bandas de Música Popular e o galardó á Artista Emerxente foi para Lula Mora, o dúo formado por Sara Caride e Silvia Izquierdo,
Nos Premios Organistrum, pola súa banda, Galicia en Concierto recibiu o recoñecemento no ámbito da Comunicación e Difusión Musical; a Sala Capitol foi distinguida como Mellor Sala de Galicia; e o Festival Alternativo Millo Verde levou o premio a Mellor Festival.
PALMARÉS DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2026
- METAL E HEAVY: Keepers
- CANCION DE AUTOR/A: Antía Muíño
- BLUES, FUNK E SOUL: Allo Negro
- ELECTRÓNICA: Galician Army
- ROCK E PUNK: Stoned at Pompeii
- MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta
- ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá
- MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: María Mendoza
- JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos "Amorodios”
- POP E INDIE: Michu da Rocha
- MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India
- MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras
- MÚSICA FOLK: Abril
- MÚSICA TRADICIONAL: Carapaus
- BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova
- ARTISTA EMERXENTE: Lula Mora
- Premios Organistrum:
- Organistrum COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia En Concierto
- Organistrum FESTIVAIS: Festival Alternativo Millo Verde
- Organistrum SALAS: Sala Capitol
- Premio Honorífico: Los Suaves
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es