«A distancia que une», Manolo Paz «deitado» no «solombo de Nova York»

G. Novás REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Momento da inauguración da exposición de Nova York. Manolo Paz (coa gorra con viseira) charla co conselleiro de Cultura, José López Campos.
Momento da inauguración da exposición de Nova York. Manolo Paz (coa gorra con viseira) charla co conselleiro de Cultura, José López Campos.

A exposición permanecerá ao aire libre en Park Avenue ata o vindeiro 30 de setembro

26 abr 2026 . Actualizado a las 22:37 h.

Durante un tempo, na primeira metade dos anos 90, época de formación, a Gran Mazá foi o fogar e o laboratorio de Manolo Paz (Castrelo, Cambados, 1957). O creador do Salnés volve agora cruzar o océano para deitar en Park Avenue —«o solombo de Nova York», enxalza Paz— dez das súas esculturas nunha exposición que saca a arte da solemnidade das salas, galerías e museos silenciosos para enfrontala ao balbordo da metrópole, ao tránsito sen descanso dos seus habitantes. A súa mirada desprexuizada sobre as instalacións retórnalles a humildade da súa orixe e concepción. Na imaxe, a escultura Catedrais, na encrucillada onde se atopa o templo de Christ Church, este sábado, durante a inauguración: Paz (coa gorra con viseira) charla co conselleiro de Cultura, José López Campos. A exposición permanecerá ao aire libre en Park Avenue ata o vindeiro 30 de setembro.