Realidade e ficción na literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

CULTURA

Conferencia de Xavier Castro dentro do ciclo
Conferencia de Xavier Castro dentro do ciclo SERGIO SUEIRO

A Semana Galega de Filosofía alcanza o seu ecuador no Pazo da Cultura de Pontevedra

08 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras as intervencións deste martes de Valeria Campos, Xavier Castro e Mónica Novas, a Semana Galega de Filosofía alcanza o seu ecuador no Pazo da Cultura de Pontevedra. E faino programando tres novos relatorios sobre Filosofía e alimento.

Así, a partir das 10.30 horas, María José Guerra Palmero disertará sobre «Xustiza alimentaria e responsabilidade ecosocial: unha aproximación ecofeminista», mentres que, dende as 17.00 horas, Armando Requeixo aproximarase a un dos grandes nomes da literatura galega a través da conferencia «A literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro».

Como remate desta terceira sesión, ás 20.00 horas, Javier Cudeiro Mazaira, doutor en Medicina e Cirurxía, e catedrático de Neurofisioloxía, afondará en «O primate gastronómico ou como un mono chegou a saborear co cerebro».