16 may 2024 . Actualizado a las 18:42 h.
Rosalía Fernández Rial gaña é a gañadora do 7.º Premio Vidal Bolaño 2024 pola súa obra Fóra de campo. O xurado deste certame de textos teatrais destaca da peza «a súa temática acaída ao premio porque tata o perigo das redes sociais e o poder que exercen na creación da identidade da mocidade». Destacan tamén valores como «a sororidade e a detección precoz do acoso». No fallo tamén se subliña o emprego dunha «linguaxe actual».
O xurado estivo composto por José Luís Baños de Cos, dramaturgo; Ana San Fernando, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeira do Louro; e Raquel Castro Martínez, como secretaria
O próximo venres 24 celebrarase, no IES Ribeira do Louro a entrega do premio.