Comeza a fase de lanzamento de «+Cuñados» na procura dun novo éxito comercial

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez, no entroido ourensán, nunha escena da película.
Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez, no entroido ourensán, nunha escena da película.

A comedia esterarase nos cines o 19 de abril

04 abr 2024 . Actualizado a las 22:02 h.

Foi a maior estrea do cinema en galego —por número de salas ás que chegou a cinta— naquel abril do 2021, cos efectos da pandemia aínda vixentes. Con todo, a comedia Cuñados converteuse nun fenómeno exemplar creativo e de márketing ata certo punto inesperado, e os produtores (a compañía Portocabo) souberon deseguido que aquilo requiría prolonga. O produtor executivo Alfonso Blanco, Fosco, tíñao claro: «Vai haber segunda parte, porque, logo do éxito, tiñamos que continuar contando que pasa con esa familia; os equipos e os protagonistas serán os mesmos». Tres anos despois, a sala compostelá Numax acolleu este xoves o pase para prensa de +Cuñados —o sábado estará na Filmoteca de Galicia; e o domingo, en Vigo; a estrea en salas será o 19 de abril—, primeira fase de lanzamento na procura dun novo grande éxito comercial e de facer industria. Así sexa.