A nova Ley de cultura inclusiva prevé crear un observatorio para o seu cumprimento

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

YOLANDA GARCÍA

Ademais o antrepoxecto inclúe a reserva de prazas con descontos e gratuidade para persoas en risco de exclusión socia

19 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta ten previsto crear o Observatorio da cultura inclusiva e accesible de Galicia. Dependerá da Consellería de Cultura e contará coa participación doutras entidades do goberno autonómico en materia de política social. É unha das medidas recollidas no anteproxecto de da Lei da cultura inclusiva e accesible de Galicia. Exporase para alegacións na próxima semana.

Este observatorio velará fundamentalmente polo cumprimento da nova lei. Tamén dedicarase ao asesoramento, avaliación, participación institucional e elaboración de estudos e informes. Ademais, servirá para a emisión de propostas de actuación nesa materia de inclusión e de accesibilidade

La nova lei pretende fomentar a participación e o acceso á cultura a todo tipo de persoas e colectivos sociais, independentemente da súa idade, situación socioeconómica ou lugar no que residan. Entre as medidas que inclúe a lei aparece a reserva de prazas con descontos e gratuidade para persoas en risco de exclusión social. Do mesmo modo, en cada caso elaborarase un plan de accesibilidade. Nel detallarase a situación de partida e as melloras que cómpre realizar. Tamén un plan de inclusión coas accións necesarias para integrar a todos os públicos.

Promover a creación

Xunto a todo isto o texto mostra unha vertente mais activa. Nese sentido, apostarase por fomentar a creación cultural en todo tipo de persoas e colectivos sociais. Promoveranse liñas de estímulo á creación que teñan en conta a diversidade social e o territorio de Galicia. Ademais, darase pulo á cultura rural, tendo en conta a estrutura territorial de Galicia á hora de planificar as programacións culturais.

Preténdese, ademais, a visibilidade do talento e da creatividade que leven a cabo os colectivos como, por exemplo o da discapacidade, se faga baixo o principio básico da normalización social. Ao respecto loitarase dende a administración contra os estereotipos, co propósito de que a súa inclusión social e cultural sexa realmente efectiva.

O texto está composto por 19 artigos, unha disposición derrogatoria única e dúas disposicións derradeiras. Dende a Xunta subliñan que esta normativa é unha lei pioneira en España e no resto de Europa. Indican que a maioría das normas aprobadas en materia de accesibilidade e inclusión non teñen rango de lei e están orientadas desde unha perspectiva eminentemente social. Así, no ámbito específico da cultura, a Xunta consideraba oportuno e necesario deseñar unha norma e elevala a rango de lei.

Contactos con institucións

Dende o goberno autonómico recordan que nos últimos meses celebráronse contactos con distintos colectivos. Houbo preto dunha decena de reunións con medio cento de entidades como primeiras tomas de contacto. Ademais, en setembro comezouse coa tramitación, coa apertura do trámite de consulta previa onde se recibiron un total de 11 achegas que foron atendidas para crear unha normativa que achegue a cultura a todas as persoas e sen barreiras. Agora tras analizar o texto do anteproxecto, será sometido a exposición pública e enviado a distintos organismos para solicitar os informes preceptivos e continuar así coa súa tramitación antes da súa aprobación final para debate e aprobación no Parlamento.