O CCG e os institutos Ramon Llull, Extepare e Cervantes impulsan un informe periódico sobre as linguas oficiais

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

25 may 2022 . Actualizado a las 22:16 h.

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este mércores unha xuntanza de traballo na que participaron Pere Almeda, director do Institut Ramon Llull; Irene Larraza, directora do Extepare Euskal Institutua; Martín López-Vega, do Instituto Cervantes; e Rosario Álvarez, presidenta do CCG. Acordaron a realización dun informe bianual sobre a situación das respectivas linguas e a celebración dunha mostra multidisciplinar, para visibilizar o máis actual das creacións culturais galega, vasca, catalá e española —a acción tería carácter itinerante e abranguería os diferentes sectores: musical, audiovisual, danza...—. A reunión celebrouse cando se cumpren dous anos da sinatura do acordo conxunto para apoiar a diversidade lingüística e a pluralidade cultural de España.