23 may 2022 . Actualizado a las 23:06 h.
Supermercados Gadis recibiu un importante recoñecemento internacional do sector publicitario á súa campaña de apoio a literatura galega durante o 2021. Un concurso de microrrelatos e a edición dun poemario de novos autores, con motivo do Día das Letras Galegas, alzáronse con tres premios Wina, que se entregarán en Dubái o 10 de xuño.
A empresa valora especialmente o galardón polo que chama o seu ADN 100% galego: «Para Gadis, como empresa rexional que somos, é un orgullo que, a nivel internacional, se recoñezan as nosas campañas; unha delas con motivo do Día das Letras Galegas. Apoian o noso compromiso de poñer en valor a cultura e a contorna que nos rodea, que son a nosa maior riqueza», sostén Melisa Pagliaro, directora de márketing de Gadisa.
Estas accións -que poñen o foco na cultura galega- foron desenvolvidas pola axencia de publicidade coruñesa Nasas, impoñéndose a outras propostas de países de África, América, Asia e Europa, con dous trofeos e unha mención de honra nas categorías de eficacia e interactividade.