fitos vitais e poéticos
Sólida biografía literaria
Tamén brillan nas páxinas do Fugas as peripecias vitais do home que foi, en certo modo —pola súa ideoloxía, no seo dunha estirpe de clase acomodada— «a ovella negra da familia», achega o profesor e escritor Héctor Cajaraville. Delgado Gurriarán tamén gañou a vida, en México, como axente de seguros, vendedor de xamóns, aceite de oliva, fertilizantes e calzado español.
«El compaxina ben vida e obra. É importante a súa coherencia. Ser coherente é labrarse dificultades, porque, se el non fose coherente, seguramente no ano 40 tería podido regresar do exilio. E non regresou. El foi sempre fiel ao galego. A súa é unha biografía exemplar ética, cívica e filoloxicamente», valora o profesor, membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, autor de Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Galaxia).