
Coa vista posta na arte, o Consello da Cultura e a Fundación Jove apostan pola sostibilidade
26 ene 2022 . Actualizado a las 19:47 h.Imponse a colaboración institucional para abordar os grandes temas culturais de país. Así o ven o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación María José Jove (FMJJ), que suman forzas para desenvolver accións e actividades que contribúan a analizar e promover o patrimonio cultural e natural de Galicia, especialmente no ámbito da sostibilidade. Estes son os grandes obxectivos do convenio asinado polas presidentas do CCG, Rosario Álvarez, e da FMJJ, Felipa Jove.
Trátase dunha alianza que persegue facilitar a conexión entre persoas de diferentes disciplinas e ámbitos e que fomentará a produción de coñecemento en relación a Galicia, á súa cultura, en xeral, e á arte contemporánea, en particular.
Cunha duración de catro anos prorrogables, o Consello da Cultura e a Fundación Jove —detallan— comprométense a desenvolver cursos, traballos de investigación, publicacións, conferencias e coloquios de divulgación, difusión cultural e patrimonial de Galicia.