—E cando escoita a un pai berrar Jonathan ou Brian...
—Non se pode xulgar iso. Se lle poñen un nome inglés é porque consideran que é o máis bonito para os seus fillos.
—O significado do meu apelido está claro, pero en Feijoo?
—Hai un estudo, tamén de Gonzalo Navaza, sobre ese apelido. Feixoo vén do latín facerolus, que significaba faba pequena, fabiña. O enigma non é a orixe etimolóxica. O enigma é por que se lle pon a un home ese alcume. Aquí pódense facer hipóteses. A de Navaza é que é unha metáfora da forma da faba cunha cabeza calva, ou sexa, un alcume que se lle poñía aos calvos.
—E Boullón?
—Boullón é un topónimo, vén de San Miguel de Boullón, que está no concello de Brión. Etimoloxicamente, non se sabe ben. Pode ter que ver co verbo latino bullire, porque tamén existe unha expresión que é ferver a boullóns, pero non se sabe moi ben. Hai moitos misterios etimolóxicos.
—Celta ou Dépor?
—Non son nada futboleira, aínda que na miña casa somos máis do Celta.
—Elixa catro palabras que a definan.
—Ai, por favor! [longa negociación para que exprese dous ideas]. Teño moita capacidade de traballo e sentido do humor, que é moi importante para vivir.
—Dígame catro para Galicia.
—Pobo, terra, mar e lingua.
—A que dedica o ocio?
—A andar polo monte, ler, ver series e películas, falar...
—Algo que lle resulte repugnante.
—O desprezo á nosa toponimia.
—O lugar onde é feliz.
—Na miña casa.
—Unha canción.
—A adecuada para hoxe [onte] é unha de Pablo Milanés: Yo pisaré las calles nuevamente.
—O máis importante na vida?
—Estar a gusto cun mesmo e querer aos que nos queren.