O Goberno dedicará dous millóns á modernización da sede da RAG e da casa-museo Pardo Bazán

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Miguel Grandío

16 nov 2021 . Actualizado a las 08:25 h.

A Real Academia Galega recibiu onte a visita do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones Conde. A reunión co presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, abordou diversos temas, dos cales o máis importante foi a modernización das instalacións da sede académica e mais da casa-museo Emilia Pardo Bazán, un proceso ao que o Goberno contribuirá con dous millóns de euros. O proxecto é un deseño do estudio Moure e Pascual e está incluído no Programa de Rehabilitación Arquitectónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Segundo anunciou José Miñones, tan só está pendente de «detalles finais».

A actuación integral reforzará a estrutura do inmoble, de acordo coas urxencias detectadas nos informes técnicos, e adaptalo despois ás necesidades, presentes e de futuro. A RAG terá que buscar outros espazos para manter a súa actividade durante os dous anos que previsiblemente durarán as obras.