A novela «A casa da mina» gaña o Risco de creación literaria

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Presentación da nova imaxe corporativa da Fundación Vicente Risco
Presentación da nova imaxe corporativa da Fundación Vicente Risco Miguel Villar

María Carmen Caramés recibirá 6.000 euros e verá publicada a obra

24 oct 2021 . Actualizado a las 11:51 h.

A novela A casa da mina, de María Carmen Caramés Gorgal, gañou o Premio Risco de creación literaria, organizado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco. O xurado da 22.ª edición enxalza a súa «atinada descrición da miseria do medio rural, nun relato de superación da súa protagonista feminina». Trátase, engade, dunha novela crítica cos poderes establecidos, «onde unha igrexa omnipresente condiciona a vida da xente». A autora da obra -un relato en primeira persoa dunha muller que rememora o seu tempo nas minas de volframio de Varilongo- obtén 6.000 euros e a publicación do texto.