A tradución de Xela Arias dos «Contos ao teléfono» de Gianni Rodari convértese en pódcast

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Detalle da ilustración de Bea Gregores.
Detalle da ilustración de Bea Gregores.

06 oct 2021 . Actualizado a las 23:51 h.

En 1986 Xela Arias, a escritora a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas deste 2021, colaborou co seu pai, o tamén tradutor Valentín Arias, na versión galega dos Contos ao teléfono do autor italiano Gianni Rodari. Agora, o Consello da Cultura Galega promove o proxecto Xela e Gianni, unha serie de pódcast elaborados por Charo Pita que adapta ao formato sonoro eses textos de hai vinte e cinco anos. A entidade desenvolveu tamén un especial web sobre a escritora homenaxeada, que conta cun texto contextualizador a cargo da profesora Montse Pena Presas e unha ilustración de Bea Gregores.

Os contos de Rodari, un autor de referencia no eido da literatura infantil e xuvenil, teñen como protagonista a un contable, Bianchi de Varese, que os inventaba cada noite para relatarllos á súa filla por teléfono cando se atopaba fóra da casa por motivos de traballo.

Contacontos

A iniciativa inspira tamén a sesión de contacontos que a propia Charo Pita ofrecerá en Sarria, o concello ao que Xela Arias estaba vinculada biograficamente, para douscentos alumnos de primaria da localidade.