Premio Abrente de textos teatrais para a obra de Ernesto Is «Profetas»

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

En Ribadavia se presentó la obra ganadora del premio Abrente 2020
En Ribadavia se presentó la obra ganadora del premio Abrente 2020 Santi M. Amil

A Mostra de Ribadavia recoñece coa súa escolla a un autor que xa se fixo co galardón na convocatoria do 2016

16 jul 2021 . Actualizado a las 15:27 h.

A MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia fallou onte a 16.ª edición do premio Abrente de textos teatrais, que outorgou á obra Profetas, da que é autor Ernesto Suárez Is (Xixón, 1988). O xurado valorou a potencia escénica da obra, unha proposta épica dende a normalidade de situacións vitais, unha obra sen artificio, auténtica e eficaz. Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física.

O fallo subliña que esta obra posúe a materia da cal está feita a vida: entre os protagonistas se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. Maxistralmente escrito, o texto ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados.

Is xa gañara o Abrente no 2016 coa peza Fendas.

A Mostra comeza oficialmente este venres co acto de inauguración no adro de San Domingos e durante os vindeiros días, ata o 25 de xullo, Ribadavia reivindicarase de novo como a capital do teatro de Galicia