¿Onde cres que deberían estar os códices que recollen as Cantigas de Afonso X, no Escorial (onde se conservan actualmente) ou nun arquivo en Galicia?

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

RAQUEL P. VIECO

Patrimonio Nacional comprométese coa Real Academia Galega a difundir dúas das Cantigas de Santa María

16 jun 2021 . Actualizado a las 10:49 h.

Dos catro códices que recollen as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, os dous máis importantes, dende un punto de vista literario e musical, eran precisamente os que eran de difícil acceso. Trátase dos chamados códices Rico e dos músicos, custodiados no Escorial por Patrimonio Nacional. A entidade vén de comprometerse coa Real Academia Galega para que estas dúas obras estean dispoñibles en Internet antes de que remate o mes. Mentres os outros dous, os que se conservan na Biblioteca Nacional de Madrid e na Nacional Central de Florencia, si son accesibles en liña, os do Escorial só se podían consultar nunha edición moi precaria e antiga ou noutras facsimilares de luxo, polo que ficaban fóra do alcance de moitos.