O CDG retoma as funcións de «Terceiro acto» despois de que o caso de covid no equipo fose un falso positivo

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Detalle do ensaio da montaxe do CDG «Terceiro acto»
Detalle do ensaio da montaxe do CDG «Terceiro acto» PACO RODRÍGUEZ

A compañía teatral mantén as representacións previstas da obra ata o vindeiro día 16

12 may 2021 . Actualizado a las 13:30 h.

O Centro Dramático Galego vén de comunicar no seu Facebook que retoma as funcións de Terceiro acto, xa que o caso de covid-19 detectado no equipo confirmouse como un falso positivo. A compañía mantén as representacións previstas ata o 16 de maio, incluída a deste mércores día 12. 

A obra está dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez a partir de improvisacións co elenco. A web do CDG inclúe a información das sesións e os horarios.