Kathleen March gaña a primeira residencia Xacobeo para tradutores

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

A profesora estadounidense Kathleen March
A profesora estadounidense Kathleen March xoán a. soler

A estadounidense traballará en maio en verter ao inglés obras de Emma Pedreira e Marica Campo

04 abr 2021 . Actualizado a las 18:47 h.

Kathleen March, profesora emérita da universidade norteamericana de Maine, é gañadora da primeira bolsa en residencia Xacobeo, convocada pola Xunta en colaboración coa Residencia 1863 da Coruña. A estadounidense realizará nestas instalacións, no casco histórico herculino, o seu traballo, que consistirá en traducir ao inglés Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, e Bibliópatas e Fobólogos, de Emma Pedreira. A bolsa inclúe o billete aéreo e dietas para gastos básicos.

March ten unha longa traxectoria como investigadora e divulgadora das letras galegas nos Estados Unidos. Editora e tradutora, é especialista en Rosalía de Castro e autora das versións galegas dun amplo número de obras literarias galegas. Actualmente é a directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Maine.

O programa ten como obxectivo contribuír á difusión do galego e a súa literatura no exterior. A bolsa recibiu propostas de tradución para linguas coma o inglés, o francés, o sueco, o italiano e o ruso, entre outros. O abano temporal das obras que se propoñían para traducir abranguía dende a Idade Media ata o panorama contemporáneo, tanto de narrativa como de poesía e teatro.