Maré súmase a nove festivais de catro continentes para crear Culturas 360°

O multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro formará parte deste certame global, que poderá seguirse por streaming esta fin de semana


redacción / la voz

O festival compostelán Maré súmase ao evento Culturas 360°, unha iniciativa global que permitirá escoitar música de países como India, Cuba, México, Cabo Verde e Mozambique, entre outros. O multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro formará parte deste certame global que reúne nove festivais de catro continentes. As actuacións poderán seguirse por streaming hoxe e mañá. Cupeiro estará acompañado por Margarida Mariño ao chelo e Sabela Caamaño ao acordeón.

Dende Europa, impulsa este evento, xunto ao festival Maré, o certame Artes á Rúa, da cidade portuguesa de Évora. Así, Culturas 360° é a suma do esforzo dos equipos de producción e promoción dos nove festivais. «No seu compromiso compartido de promover a transformación social e a solidariedade entre os pobos, o colectivo de traballadores e profesionais de Culturas 360° conflúe dende diferentes partes do planeta para traballar nun evento único arredor da diversidade», afirman os responsables de Maré. Entre os festivais promotores, xunto ao galego, están o Sunfest de Canadá, o Festival Internacional Ollin Kan de México, o Womad de Chile ou o Mozambique Music Meeting. A participación do Festival Maré e do trío galego liderado por Abraham Cupeiro ten o aopio do Agadic e do Xacobeo2021.

Outros dos artistas participantes son o Septeto Santiaguero dende Cuba, Francisco El Hombre dende Brasil, a Lemon Bucket Orkestra dende Canadá ou Maya Kamaty dende a Isla Reunión. As actuacións poderán seguirse por streaming este sábado e domingo, 27 e 28 de marzo, a través de Facebook e YouTube, e en www.culturas360.com.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Maré súmase a nove festivais de catro continentes para crear Culturas 360°