O Concello de Vigo nomeará ao director de Galaxia, Francisco Castro, Vigués Distinguido

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Francisco Castro, escritor e director xeral de Galaxia
Francisco Castro, escritor e director xeral de Galaxia Óscar Vázquez

O recoñecemento destaca a capacidade dun «escritor extraordinario»

24 mar 2021 . Actualizado a las 10:00 h.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que proporá ao director xeral da Editorial Galaxia, o escritor Francisco Castro, para o seu nomeamento como Vigués Distinguido neste ano 2021. Caballero salientou de Castro a súa «capacidade como escritor extraordinario», que o fai merecente do galardón. O rexedor vigués citou algúns dos seus títulos, como Spam e As palabras da néboa, entre outros. O acto de entrega terá que agardar a que as condicións sanitarias permitan a súa celebración. O Concello quiso recordar tamén a «extraordinaria contribución ao mundo da cultura durante tantos anos» da editorial e destacou que Galaxia foi «capaz de encontrar espazo nese mundo tan complicado nunha marabillosa combinación do seu amor a Galicia, a querenza da lingua e proposta en lingua galega».