O «Galician noir» reina nuns Mestre Mateo onde «Néboa» aspira a mellor serie

CULTURA

Emma Suárez e Isabel Naveira en un capítulo de «Néboa»
Emma Suárez e Isabel Naveira en un capítulo de «Néboa» RTVE

A Academia Galega do Audiovisual xa ten os seus finalistas para esta edición

23 mar 2021 . Actualizado a las 12:38 h.

Finalmente, haberá gala presencial o próximo día 10 de abril. A edición número XIX dos premios da Academia Galega do Audiovisual non renuncia a unha cerimonia física malia o covid-19. Este mércores, respectando as medidas de seguridade como a da distancia social, tamén, na foto de familia, o Teatro Colón da Coruña acolleu a lectura dos finalistas aos Mestre Mateo

Uns galardóns aos que, pese ás dificultades que impuxo a pandemia nas rodaxes e estreas, se presentaron 146 traballos, só un 10 % menos que no ano 2019. Nas categorías estrela, como a de mellor serie de televisión, destaca a produción de Voz Audiovisual para RTVE, Néboa. A ficción que segue o estilo do xa recoñecido como Galician noir obtivo un total de seis nominacións. Entre elas, a de mellor intérprete feminina para Isabel Naveira, que compite con Nerea Barros (A illa das mentiras), Inma Cuesta (El desorden que dejas) e Melania Cruz (Ons) polo recoñecemento. Néboa tamén é finalista aos premios técnicos de mellor fotografía, mellor maquillaxe e perruquería, mellor vestiario e mellor dirección de arte. 

Foto de familia da presentación dos Premios Mestre Mateo, na súa XIX edición, no Teatro Colón da Coruña
Foto de familia da presentación dos Premios Mestre Mateo, na súa XIX edición, no Teatro Colón da Coruña César Quian

Ano de illas e Netflix

Os Mestre Mateo teñen nome de illa atlántica este ano. A illa das mentiras (dirixida por Paula Cons e rodada na illa de Sálvora, recrea o naufraxio do Santa Isabel) e Ons (dirixida por Alfonso Zarauza) son as dúas ficcións que suman más candidaturas, 12 e 13 respectivamente. Ambas compiten tamén nas categorías de mellor película con Lúa vermella (Lois Patiño) e Arima (dirixida por Jaione Camborda, que tamén é coguionista de Ons). 

Polo Mestre Mateo á mellor serie compiten, ademais da citada Néboa, o thriller ambientado nunha illa ficticia situada no norte de Galicia  coprotagonizado por Emma Suárez é a quinta produción con máis nominacións, só por detrás de Ons (13), A ila das mentiras (12), El desorden que dejas (8) e Arima (7), a coprodución galego-portuguesa Auga Seca (Portocabo e SP-i), a segunda entrega de O sabor das margaridas (TVG, CTV e Comarex e distribuída por Netfflix) e El desorden que dejas (de Vaca Films para Netflix)

Na categoría de mellor intérprete masculino principal compiten Antonio Durán, Morris, por Ons; Darío Grandinetti, por A illa das Mentiras; Monti Castiñeiras por A lei de Santos, e Tito Asorey por Arima. No apartado televisivo, están nomeados a mellor comunicador de televisión, Alba Mancebo, Roberto Vilar, Simone Saibene e Rodrigo Vázquez. No tocante ao mellor programa, están nomeaados Cos pés na terra, Cinephilia, Os castros, e Segredos-Desmontando Galicia. 

En total, presentáronse un total de 424 candidatos nesta edición. Por categorías, aspiraron a ser finalistas 28 anuncios, cinco curtametraxes de animación, 24 curtas, 12 documentais, oito longametraxes, 25 programas de televisión, sete series de televisión, cinco series web e 29 vídeoclips.