TikTok revisará a súa política de linguas nos contidos publicitarios

A rede social comunica á Xunta que analizará a posibilidade de cambios

Unha imaxe da campaña #aculturasegue
Unha imaxe da campaña #aculturasegue

redacción / la voz

TikTok revisará a súa política con respecto ao uso de linguas nos contidos publicitarios na rede social despois de que impedise unha campaña da Xunta que incentivaba o consumo cultural como unha das medidas para contribuír á recuperación do sector, prexudicado pola pandemia do coronavirus. A compañía comunicou co goberno galego para indicarlles que analizará a posibilidade de cambios: «El equipo de Policy analizará y revisará las políticas y legislaciones durante los próximos dos meses y os informaremos si hay alguna actualización» é a resposta que traslada con respecto á petición que a Xunta fixera, primeiro ao soporte de axuda ao cliente e despois aos responsables españois da empresa -a través dunha carta formal do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que aínda non recibiu resposta pola mesma canle- cando se lles denegou a posibilidade de difundir o anuncio enmarcado na campaña #aculturasegue e que xa funcionaba noutras plataformas dixitais, como YouTube ou Spotify.

TikTok rexeitara o anuncio contratado pola consellería de Cultura co argumento de que os contidos publicitarios que emita en territorio español deben estar nesta lingua: non admite o uso de ningunha outra, nin cooficial nin estranxeira. Agora, a empresa matiza a súa postura: «Lamento mucho que no tuvierais el soporte necesario por nuestro lado», son as desculpas recibidas polo departamento autonómico. Tik Tok ofrece unha solución provisional: «Por ahora y hasta que no se modifique la política, tendréis la opción de añadir los subtítulos en español». Curiosamente, o anuncio de #aculturasegue non empregaba ningún tipo de voz e cedía o protagonismo sonoro á música, mentres comunicaba a súa mensaxe mediante subtítulos en galego.

A posición de TikTok enmárcase na súa política de que a publicidade para un territorio determinado debe ser comprensible para todos os habitantes. Porén, nas súas cláusulas ao respecto pode comprobarse como existen outros países nos que non só se contempla a súa diversidade lingüística, senón que se considera admisible. É o caso de Irlanda, onde inglés e irlandés poden empregarse para a publicidade, ou o recoñecemento da realidade plurilingüística de Suíza, país no que os anuncios de TikTok poden emitirse en francés, alemán, italiano, romanche e o omnipresente en inglés, que é unha opción permitida en varios países.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

TikTok revisará a súa política de linguas nos contidos publicitarios