Un plan piloto impulsará a dixitalización dos arquivos municipais da provincia da Coruña

A Deputación e o Ministerio de Cultura colaborarán na iniciativa, que contempla a creación dun gran repositorio en liña para consulta dos documentos

O ministro de Cultura (esquerda) e o presidente da Deputación abordaron a colaboración entre ambas entidades para colaborar no plan de dixitalización
O ministro de Cultura (esquerda) e o presidente da Deputación abordaron a colaboración entre ambas entidades para colaborar no plan de dixitalización

Redacción

Dende hai unha década a Deputación da Coruña desenvolve un labor de dixitalización e catalogación dos fondos do seu Arquivo Provincial, que agora quere ampliar aos 93 concellos da provincia. Con este fin, porá en marcha un plan piloto que comezará polos municipios máis pequenos e con menores recursos técnicos e económicos, aos que facilitará a tarefa de conservar, inventariar e poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio documental.

Este plan contará coa colaboración do ministerio de Cultura, xa que o seu titular, José Manuel Rodríguez Uribes, comprometeuse nunha reunión celebrada en Madrid co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a estudar as posibilidades de cooperación neste proxecto pioneiro. A institución provincial, consciente da complexidade e o volume do traballo, pretende formulalo como un labor de cooperación institucional nos eidos económico, técnico e administrativo, polo que tamén trasladará o proxecto á Consellería de Cultura da Xunta. «Os documentos que se gardan nos arquivos municipais son unha peza fundamental da memoria colectiva da provincia da Coruña e de Galicia e constitúen unha fonte de enorme valor para coñecer o noso pasado», explicou González Formoso. 

O Plan de Dixitalización de Arquivos Municipais evitará o deterioro e a perda de documentación cun gran valor histórico. Ademais, contribuirá a diminuír o espazo físico das administracións locais. Outra vantaxe é a universalización de acceso a estes documentos, que serán máis accesibles para investigadores e a cidadanía en xeral. A Deputación asumirá a dixitalización dos fondos, que despois serán devoltos, xunto cunha copia dixital. O plan contempla ademais a creación dun gran repositorio provincial en liña para permitir as consultas dun xeito máis fácil e rápido.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un plan piloto impulsará a dixitalización dos arquivos municipais da provincia da Coruña