Carme Varela, premio Cunqueiro de teatro con «As desterradas»

Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns gañan o Barriga Verde

Esther F. Carrodeguas e Carme Varela
Esther F. Carrodeguas e Carme Varela

Redacción

Carme Varela é a gañadora da última edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, convocado pola Xunta e dotado con 8.000 euros. O xurado seleccionou As desterradas, de Varela (A Baña, 1970), entre os 50 orixinais a concurso e valorou o seu «traballo requintado de preocupación estilística, a súa boa estrutura e a interesante construción dos personaxes que, detrás dunha aparente sinxeleza, amosan unha profundidade psicolóxica que individualiza os conflitos, ao tempo que proporciona unha perspectiva coral dos acontecementos».

A peza de Varela xorde da idea de escribir un texto para as actividades de defensa do patrimonio medieval O sorriso de Daniel. As desterradas céntrase nos últimos días do mosteiro de monxas bieitas de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente. Aborda o enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos de Galicia.

Pola súa banda, Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) acadou con República Sideral o Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade para adultos. Tamén hai aquí unha inspiración histórica, como é a declaración durante unhas horas, nos días 7 e 8 de outubro de 1934, da illa de Arousa como república federal independente. O galardón está dotado con 6.000 euros.

Carlos Losada-Galiñáns
Carlos Losada-Galiñáns

Na modalidade xuvenil o xurado declarou vencedor o texto Pois eu!, de Carlos Losada-Galiñáns (Cambados, 1966), do que destacou como se artellan diferentes tramas con gran sentido rítmico e que remiten desde o fantástico e os ecos da tradución artúrica ata unha sutil sátira política. Ademais, incorpora o tema da identidade de xénero, fuxindo de didactismos.

O Manuel María de literatura dramática infantil, ao que se presentaran 22 obras, quedou deserto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Carme Varela, premio Cunqueiro de teatro con «As desterradas»