Gadis edita 30.000 exemplares do libro «Brian, o chinés», dirixido ao público xuvenil

David Daniel Vázquez Álvarez, con ilustracións de Andrés Meixide, propón un relato cheo de humor sobre un mozo con Síndrome de Down


Redacción

Gadis súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa edición do libro Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez e ilustrado por Andrés Meixide. Trátase dunha obra dirixida ao público xuvenil e da que se publican 30.000 exemplares, que se agasallarán este sábado día 31, en todos os supermercados Gadis de Galicia ata fin de existencias.

Trátase dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con Síndrome de Down a piques de alcanzar a maioría de idade. Un diario cargado de humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do protagonista desde a súa infancia. Describe con gran realismo as dificultades ás que se enfronta, como as afronta e as supera. Unha visión introspectiva da súa propia diversidade e das persoas que lle rodean. A mirada do seu eu a través dos ollos doutros.

Con esta obra, Gadis quere cumprir unha tripla función: apoiar a edición de libros en galego, fomentar a lectura neste idioma entre os mozos e promover a diversidade e integración.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Gadis edita 30.000 exemplares do libro «Brian, o chinés», dirixido ao público xuvenil